Portal cidadán

Concello de Fisterra

"Fin da terra, fin do camiño"


Novas


CONTRATACIÓN PERSOAL LIMPEZA DE PRAIAS

08-06-2016

Segundo a Resolución da Alcaldía do 8 de xuño de 2016, vaise proceder a contratación de 12 traballadores/as para a limpeza de praias e a súa contorna por un período de 3 meses

Prazo presentación de solicitudes: Oito (8) días hábiles contados a partires do seguinte o da publicación das Bases no Taboleiro de Anuncios do Concello que foi o 8 de xuño de 2016.

Requisitos dos aspirantes:

  • Ter cumpridos os dezaseis anos e non exceder, no seu caso, da idade máxima de xubilación forzosa.
  • Non padecer enfermidade ou defecto físico que impida o desenvolvemento das funcións propias do posto.
  • Non ter sido separado mediante expediente disciplinario do servizo de calquera das Administracións Públicas ou dos órganos constitucionais ou estatutarios das Comunidades Autónomas.
  • Non estar incurso en causas de incompatibilidade de conformidade co establecido na Lei 53/84 de 26 de decembro do persoal ó servizo das Administracións Públicas.
  • Estar inscrito como desempregado no Servizo Público de Emprego de Galicia como demandante non ocupado e estar dispoñible para o emprego.

Documentación a presentar:

  • Instancia para participar na presente selección segundo o modelo de solicitude que se pode descargar nesta páxina.
  • Copia cotexada do documento nacional de identidade.
  • Relación de méritos alegados: orixinal ou copia cotexada da documentación acreditativa dos méritos que se pretenden alegar

A selección realizarase en dúas fases:

  • Valoración de méritos
  • Proba práctica tipo test.

 

Descargas

Compartir:

Novas por anos: