BASES CONTRATACIÓN PERSOAL TEMPORAL CUADRILLA OBRAS E SERVIZOS
01-07-2016

Á vista da subvención outorgada por parte da Excma. Deputación Provincial da Coruña, o Concello de Fisterra publica as bases para a contratación de Persoal Laboral Temporal de dous (2) Oficiais de 2ª e catro (4) peóns para a cuadrilla de obras e servizos mínimos municipais.
DURACIÓN: O contrato de traballo será de duración determinada por obra ou servizo, cunha xornada laboral de 37,5 horas semanais, por un período de cinco (5) meses.
PRAZO PRESENTACIÓN SOLICITUDES: As instancias presentaranse no Rexistro Xeral do Concello de Fisterra de 9H a 14:00h no prazo de seis (6) días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación das Bases no Taboleiro de Anuncios do Concello que foi o venres, 1 de xullo.