FORMACIÓN ABERTA
07-07-2016

Formación Aberta é un proxecto orientado á formación continua de adultos que ofertará sesións formativas de distintas temáticas (idiomas, informática, economía, negocios, política, administración, cociña...) cunha duración que dependerá do programa formativo que o docente pretenda compartir .
Desde a Aula CeMIT de Fisterra impartiranse dúas sesións de formación aberta durante o mes de xullo tratando a temática dos negocios:
-15/07/2016: Como se monta un negocio: das ideas aos feitos-dos feitos aos produtos
-22/07/2016: Como se xeran as ideas de negocio?
Sesións formativas de dúas horas de 10:00 a 12:00h.
Máis información e inscrición: Aula CeMIT Fisterra, no tlf.:673081740 ou en cemit.fisterra@xunta.es