CONTRATACIÓN DE PERSOAL PARA INFORMACIÓN TURÍSTICA
12-08-2016
O Concello de Fisterra convoca a selección de dúas prazas de persoal de información turística a tempo completo mediante contrato laboral de duración determinada dende o día 1 de setembro ó 31 de decembro de 2016 como consecuencia da subvención outorgada por parte da Exma. Diputación Provincial.
As bases da convocatoria están expostas no Taboleiro de anuncios do Concello e nesta páxina web e as persoas interesadas poderán presentar a documentación sinalada nas mesmas dentro do prazo de cinco días naturais (5) contados a partires do seguinte ó da publicación deste anuncio no periódico La Voz de Galicia ó día 13 de agosto.