II CAMPIONATO INTERNACIONAL DE FÚTBOLÍN NA FIN DO MUNDO "ALEXANDRE DE FISTERRA"
24-08-2016
O Concello de Fisterra organiza o II Campionato Internacional de Futbolín "Na fin do Mundo" "Alexandre de Fisterra" o día 9 de setembro de 2016, ás 6 da tarde na rúa Real de Fisterra co obxeto de fomentar a participación e convivencia dos veciños durante as festas da localidade.
Participantes e categorías:
Poderán participar todos os veciños que o desexen formando parellas. Acéptase só unha inscrición por parella.
Categorías:
- Infantís: De 7 a 10 anos
- Xuvenís: De 11 a 17 anos
- Adultos: De 18 a 99 anos
Inscricións: As inscricións efectuaranse nas oficinas do Concello de Fisterra de 08:30 a 14:30h, ou no enderezo electrónico: culturafisterra@hotmail.com deixando nome, apelidos, idade e o teléfono de contacto.