Portal cidadán

Concello de Fisterra

"Fin da terra, fin do camiño"


Novas


FESTAS PATRONAIS E DO CARME

25-08-2016

A Xunta de Confrarías da Semana Santa de Fisterra organiza para os días 8, 9 e 10 de setembro a celebración das festas patronais e do Carme de Fisterra. Os actos previstos son os seguintes:

-Xoves, 8 de setembro: Día da patroa Santa María das Areas.

  • Ás 11:00, procesión polas rúas da vila acompañada pola banda de música "Arca. O Pino"
  • A continuación misa solemne na Igrexa Parroquial.
  • Sesión vermú coa orquestra "D´Moda"
  • Ás 16:00h na praza da Constitución xogos para os máis cativos, gran festival infantil
  • A noite, actuación das orquestras "D´Moda" e "Ciclón"

-Venres, 9 de setembro: Día na honra de San Roque.

  • Ás 11:00, procesión polas rúas da vila acompañada pola banda "Desiderio Paz" de Fisterra.
  • A continuación misa solemne na igrexa parroquial de Santa María da Areas.
  • Sesión vermú coa orquestra "The Boys Machine"
  • Ás 18:00h. na praza da Constitución, para todas as idades "II Campionato Internacional de Futbolín Alexandre Fisterra"
  • O chegar a noite, contaremos coa actuación da orquestra "The Boys Machine" e "Discoteca móvil CDC"

-Sábado, 10 de setembro: Día da Nosa Sra. do Carme.

  • Ás 10:30h. procesión polas rúas da vila acompañada pola "Banda de cornetas, gaitas e tambores da pontificda, real e ilustre confraría da Nosa Señora das Angustias do Ferrol"
  • A continuación misa solemne na lonxa de Fisterra onde ó rematar terá lugar a tradicional procesión martítima e ofrenda polo homes que morreron no mar "Salve Mariñeira" e gran traca.
  • Sesión vermú coa orquestra "Chanel"
  • Ás 17:00h pasarrúas da banda "Nosa Señora das Angustias de Ferrol"
  • Ás 19:00h na praza da Constitución concerto da "Tuna de veteranos da A Coruña"
  • O chegar a noite contaremos coa actuación das orquestras "Chanel" e "Nebraska".
  • Para rematar a festa "Discoteca móvil CDC"

Descargas

Compartir:

Novas por anos: