AXUDAS PARA DANOS CAUSADOS POLOS INCENDIOS
07-10-2016
A Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e a Consellería do Medio Rural convocan axudas para sufragar os gastos producidos polos incendios forestais do 2016.
-Decreto 120/2016, do 1 de setembro, de medidas urxentes de axuda para a reparación dos danos causados polos incendios que se produciron en Galicia durante o mes de agosto do ano 2016:
http://www.xunta.gal/dog/Publicados/2016/20160907/AnuncioG0244-020916-0001_gl.pdf
-Orde do 22 de setembro de 2016 pola que se establecen as bases reguladoras de subvencións para a concesión, en réxime de concorencia non competitiva, das axudas para reposición de infraestructuras e equipamentos privados danados e por danos nas explotacións agrícolas e gandeiras ocasionados polos incendios forestais, e se convocan para o ano 2016:
http://www.xunta.gal/dog/Publicados/2016/20161003/AnuncioG0426-220916-0003_gl.pdf
Máis información: Axente de Desenvolvemento Local do Concello de Fisterra, tlf.:981740001