NOVEMBRO CULTURAL
25-10-2016
O Concello de Fisterra organiza a seguinte programación cultural para o mes de novembro:
-Domingo, 6 de novembro: Actuación da Coral do Grupo de Danza Galega do Casino. Ás 20:00h no salón de actos do Concello de Fisterra.
-12 e 13 de novembro: Xornadas micolóxicas na fin da terra.
.Sábado, 12: Ás 10:00h.-Saída da planta baixa do Concello de Fisterra para recollida de cogumelos ó monte.
.Domingo, 13: De 11:00 a 14:00h e de 16:00 a 20:00h
Exposición de cogumelos recollidos o día anterior e ás 19:00h Degustación de cogumelos no Mercado Municipal.
-Domingo, 20 de novembro: "Falar sen cancelas". Ás 19:00h no salón de actos do Concello de Fisterra. Dirixido a público adulto.