PROXECTO DE AFORRO E EFICIENCIA ENERXÉTICA
14-11-2016

O Instituto Enerxético de Galicia (INEGA) concede ó Concello de Fisterra unha axuda dentro da Convocatoria de subvencións para a creación, mellora e ampliación de pequenas infraestructuras, mediante proxectos de aforro e eficiencia enerxética na Administración local, por un importe de 18.268,15 €, equivalente ó 75% do orzamento total do proxecto.