NOVAS CHARLAS FORMATIVAS NO CAMIÑO DE SANTIAGO
15-11-2016

O Centro Superior de Hostelería de Galicia (CSHG), dentro do Plan de Formación do Camiño de Santiago e a través da Escola de Turismo Itinerante organiza as seguintes charlas:
-A IMPORTANCIA DA GASTRONOMÍA NA CULTURA XACOBEA EN GALICIA
-O MENÚ DO PEREGRINO COMO POTENCIADOR DE PRODUTOS AUTÓCTONOS
As Xornadas Formativas serán en Cee na Casa da Cultura (Paseo Alcalde Pepe Sánchez, 9) o luns 21 de novembro de 9.15 a 10.45 e de 11.00 a 13.00 respectivamente.
É totalmente gratuíta pero as prazas son limitadas polo que é importante facer unha pre-inscrición canto antes.
Para máis información poden contactar con:
CENTRO SUPERIOR DE HOSTELERÍA DE GALICIA
Fax: +34 981 54 25 90