PLENO DA CORPORACIÓN
02-12-2016

O Concello de Fisterra convoca para a sesión ordinaria na que se celebrará o Pleno da Coporación no salón de sesións da Casa do Concello. ás 20:00 horas do día 5 de decembro de 2016, en primeira convocatoria e se procede, na segunda dous días despois do sinalado para a primeira. A partir desta, está a disposición, na Secretaría desta Corporación, os antecedentes relacionados cos asuntos que figuran na seguinte orde do día.
ASUNTOS:
- Aprobación, se procede, borrador Acta da sesión anterior.
- Mocións de grupos políticos
- Aprobación Plan Económico Financieiro 2016-2017
- Aprobación Conta Xeral do Presuposto Ordinario de 2015
- Resolucións dictadas pola Alcaldía, para coñecemento.
- Rogos e Preguntas.