Portal cidadán

Concello de Fisterra

"Fin da terra, fin do camiño"


Novas


VOLUNTARIADO AMBIENTAL EN FISTERRA

02-12-2016

O Concello de Fisterra vén de recibir unha axuda de 20.000 € da Dirección Xeral de Conservación da Natureza cofinanciada co FEADER no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) 2014-2020, centrada na creación dunha rede de microreservas de Flora ZEC Costa da Morte.
Desenvolveranse actuacións para preservar e mellorar os hábitats e a paisaxe rural litoral coa importantísima implicación da poboación de Fisterra. As zonas de traballo serán os entornos das praias de Mar de Fóra, Arnela e Rostro.
A iniciativa levarase a cabo entre decembro de 2016 e xuño de 2017.

-Luns, 5 de decembro: Praia do Rostro, ás 11:00h. 

Xornada de eliminación de flora exótica invasora, no marco dun proxecto para a creación de cinco microreservas de flora no Concello de Fisterra.

-Mércores, 7 de decembro: Fisterra, ás 11:00h

Xornada de recollida de sementes, para posterior restauración dunar no marco dun proxecto para a creación de cinco microreservas de flora no Concello de Fisterra.

Inscricións: Nos teléfonos 981 57 00 99/ 650 261 283 ou no correo viqui@adega.gal

Compartir:

Novas por anos: