II FEIRA DE INVERNO
14-12-2016
O Concello de Fisterra organiza a II Feira de Inverno do 17 ao 24 de decembro na planta alta do Mercado Municipal de Fisterra de 10:00 a 14:00h e de 16:30 a 20:00h.
-Sábado, 17 de decembro, ás 5 da tarde: Inauguración. Pasarrúas dos Cabezudos acompañados do grupo: "Os Fondaos de Pínfano".
Contaremos cun posto de "Troco de Xoguetes", onde os máis pequenos poden deixar os seus xoguetes en bo estado para outros nen@s e levar outros.
-Venres, 23 de decembro: Visita do Apalpador con Anxo Moure, ás 6 da tarde no mercado.
En Nadal #mercaenFisterra