Portal cidadán

Concello de Fisterra

"Fin da terra, fin do camiño"


Novas


ENQUISA: CAMBIO DE NOME RÚA MANUEL LAGO PAIS

21-12-2016

No Pleno da Corporación do 10 de outubro de 2016 aprobouse retirar o nome da rúa Manuel Lago Pais por tratarse dunha persoa vinculada á sublevación militar franquista e estar afectado pola coñecida Lei de Memoria Histórica. En dito Pleno tamén se acordou iniciar un procedemento de proposta de novo nome para a rúa, mediante mecanismos de consulta e participación da veciñanza de Fisterra

Por este motivo nesta enquisa intentamos recopilar información sobre a opinión da xente, preferentemente empadroada no Concello de Fisterra,  sobre o novo nome que debería levar a rúa Manuel Lago Pais.

Esta enquisa poderase realizar desde o 21 de decembro de 2016 ata o 21 de xaneiro de 2017 para que os resultados se poidan valorar no pleno ordinario que se levará a cabo no mes de febreiro.

Agradecemos de antemán a vosa colaboración.

Para realizar a enquisa prema na seguinte ligazón:

https://goo.gl/forms/3MYVimBYA0QsGpd22

Descargas

Compartir:

Novas por anos: