CHARLA: O CULTIVO DO CASTIÑEIRO
12-01-2017
O Concello de Fisterra, a través da Concellaría de Medio Rural, organiza unha charla formativa e informativa sobre o cultivo do castiñeiro para o vindeiro mércores, 18 de xaneiro, ás 18:00h no salón de sesións do Concello.
Contido:
- Onde plantar castiñeiros
- Variedades interesantes para esta zona
- Coidados e cultivo
- Poda
- Outros coidados
- Producións: froito, madeira, cogomelos
- Custos e rendementos económicos da explotación
- Axudas da Consellería (plans de mellora das explotacións, primeiras instalacións)
- Outras dúbidas en xeral
Imparte: Dositeo Toba Quintáns, Técnico da OAC de Corcubión.