COMPOSTAXE DOMÉSTICA
25-01-2017
O Concello de Fisterra amplia o seu programa de compostaxe doméstica a 20 novas familias do municipio.
O éxito da primeria experiencia fixo que o Concello decidira ampliar o programa a 20 novas familias do municipio que arranca este xoves, 26 de xaneiro, ás 18:30h coa fase formativa e onde estas familias, xestionarán os residuos dos seus fogares a través da compostaxe.