ENTROIDO FISTERRA 2017
08-02-2017
As actividades previstas para celebrar o entroido 2017 no Concello de Fisterra son as seguintes:
-Venres, 24 de febrerio:
- 10:30h.-Desfile de entroido do CEIP Mar de Fóra, da escola infantil A Galiña Azul, en Fisterra.
- 10:30h.-Desfile do CEIP Areouta, en Sardiñeiro.
- 15:30h.-Desfile do colexio Nosa Señora do Carme, en Fisterra.
-Sábado, 25 de febreiro:
- 18:00h.-Tradicional concurso de comparsas no pavillón municipal. Presentación a cargo de Roberto Traba Velay e Adriana Traba. Ao rematar o concurso, pasarrúas das comparsas participantes desde o pavillón municipal á praza da Constitución.
-Domingo, 26 de febrero:
- 17:00h.-Obradoiro de maquillaxe e sombreiros de papel, a cargo de Babaluva animación, na praza da Constitución.
-Martes, 28 de febreiro:
- 17:00h.-Concurso de disfraces infantil na praza da Constitución, con teatro Gahazafelhos. Ao remate, actuación do grupo de música Dúbidadúo Trío, polas rúas de Fisterra.
-Domingo, 5 de marzo:
- Queima do polbo. Ás 18:00h, percorrido polas rúas de Fisterra, funeral na praza da Constitución e a continuación queima na praia da Ribeira.
"O Entroido de Fisterra, o máis tradicional da Costa da Morte"