CERTIFICADOS DE PROFESIONALIDADE EN SOCORRISMO ACUÁTICO
10-02-2017
A Deputación da Coruña, a través do Plan de Emprego Local vai impartir os seguintes certificados de profesionalidade en Socorrismo Acuático:
- AFDP0209 SOCORRISMO EN ESPAZOS ACUÁTICOS NATURAIS: 428 HORAS (348 formación teórica e 80 formación práctica)
- AFDP0109 SOCORRISMO EN INSTALACIÓNS ACUÁTICAS: 378 HORAS (298 formación teórica e 80 formación práctica)
-Lugar de impartición e horarios: A formación terá lugar nas instalacións da Federación de Salvamento e Socorrismo de Galicia (FESSGA) en A Coruña, rúa Gambrinus nº 151, nave 3, de luns a venres e a razón de 6 horas diarias e as prácticas profesionais non laborais, en praias de concellos da provincia. Primeiro desenvolverase a formación en espazos naturais e logo da tempada de praias, previsiblemente en outubro, desenvolverase a formación en instalacións acuáticas.
Debido ás especiais características do curso e á necesidade de realizar probas físicas de acceso só se admitirá un máximo de 5 inscricións por concello.
-Prazo: O prazo límite de presentación de solicitudes é o Martes, 14 de Febreiro de 2017 ás 14.00 horas.
-Documentos anexos: Documentación da solicitude, requisitos, formulario de inscrición e calendario das probas
Información: Axente de Emprego e Desenvolvemento Local do Concello de Fisterra.