Portal cidadán

Concello de Fisterra

"Fin da terra, fin do camiño"


Novas


VIII EDICIÓN DO PREMIO ROSALÍA DE CASTRO DE LINGUA 2017

14-02-2017

A Deputación da Coruña, coincidindo co mes de Rosalía e a celebración do Día de Rosalía o 24 de febreiro, convoca unha nova edición deste premio.

Hai dúas categorías:

  • Premio "Rosalía de Castro" de Lingua 2017 a aquela persoa, colectivo, entidade pu asociación que máis destaque na promoción da lingua galega, dotado coa cantidade de 3.000 € estando incluídos nesta cantidade os impostos que lle foren aplicables.
  • Premio "Rosalía de Castro" de Lingua 2017 a aquela persoa, colectivo, entidade ou asociación que realice un traballo específico cos tramos da poboación de menor idade, infancia e mocidade, dotado con 3.000 € estando incluídos nesta cantidade os impostos que lle foren aplicables.

O prazo para presentar as candidaturas remata o 30 de xuño.

As bases completas pódense consultar no BOP do 9 de febreiro de 2017

Información: Departamento de Normalización Lingüística do Concello de Fisterra.

Compartir:

Novas por anos: