CHARLA: CONSUMO E XÉNERO
03-03-2017
O vindeiro luns 6 de marzo terá lugar na aula CeMIT de Fisterra a charla "Consumo e xénero" impartida polo Instituto Galego de Consumo.
Nesta charla analizarase o papel da muller no eido do consumo, no que frecuentemente as relacións entre consumidores e provedores é de desigualdade en prexuízo dos primeiros, pódese agravar esta situación cando as persoas consumidoras son mulleres podéndose dar, en consecuencia, un dobre menoscabo. Buscarase a mellora das actitudes de respecto aos dereitos das persoas; a reflexión e a análise dos procesos que sustentan a actividade de consumo e como inflúen nas relacións de xénero; a análise do papel da publicidade na perpetuación dos estereotipos sociais e mesmo na incitación á violencia de xénero; ou na educación nos valores do consumo responsable.
Información e inscricións: Na Aula CeMIT Fisterra ou no teléfono 673 081 740