PLAN DE AXUDAS. GDR COSTA DA MORTE
17-03-2017
O GDR Costa da Morte organiza unha serie de charlas informativas para explicar as axudas do Programa LEADER 2014-2020 a tódolas persoas emprendedoras interesadas en iniciar un proxecto, emprender unha iniciativa ou modernizar a empresa no ámbito rural.
As charlas informativas serán:
- Luns, 20/03/2017: Ás 20:00h na casa da cultura de Cee
- Martes, 21/03/2017: Áas 20:00h na casa do Oleiro de Buño. Malpica de Bergantiños
- Mércores, 22/03/2017: Ás 20:00h na casa da cultura de Vimianzo.
- Xoves, 23/03/2017: Ás 20:00h no centro sociocultural de Paiosaco. A Laracha
Máis información: http://gdrcostadamorte.com/ ou no tlf.:981717358