BONO COIDADO
24-03-2017
A Consellería de Política Social concede unha axuda económica ás familias para a atención a domicilio de nenas e nenos menores de 3 anos a través do programa BONO COIDADO.
Beneficiarios: Pais/nais, titores/as ou as persoas acolledoras de nenos/as menores de tres anos residentes na Comunidade Autónoma de Galicia que se atopen nos seguintes supostos:
- Ter unha nena ou neno nacida/o con posterioridade ao 31 de decembro de 2014
- Que a renda da unidade familiar, non supere os 45.000€ ou os 13.500€ per cápita.
A axuda consistirá nunha achega para contribuir ao pagamento do importe de servizos de atención á infancia a domicilio, nos seguintes supostos:
- Enfermidade do/a menor e imposibilidade de ser coidado/a polos membros da unidade familiar.
- Enfermidade da persoa coidadora habitual
- Asistencia da persoa coidadora habitual a entrevistas de traballo ou cursos de formación
- Situacións puntuais de carácter laboral ou de coidado, tanto do cónxuxe ou parella como de familiares ata o segundo grao de parentesco por consaguinidade ou afinidade, que impidan a atención do/a neno/a polos membros da unidade familiar.
Prazo: O prazo para presentación estas axudas remata o 30 de setembro de 2017
Información: Departamento Municipal de Servizos Sociais (Educadora Familiar), en horario de 10 a 14h.