OFERTA DE EMPREGO: AXENTE TIC
28-03-2017
O Concello de Fisterra convoca as bases para a contratación laboral temporal dun/ha axente TIC para o centro para a modernización e inclusión tecnolóxica da rede CEMIT.
-Requisitos dos aspirantes.-Para tomar parte neste proceso selectivo os/as aspirantes deberan reunir os seguintes requisitos referidos todos e cada un á data en que remate o prazo de presentación de solicitudes:
a) Ser español ou nacional dun estado membro da Unión Europea nos termos previstos no artigo 27 da lei 7/2007. Así mesmo poderán participar, en igualdade de condicións que os españois, os estranxeiros con residencia legal en España.
b) Ter cumpridos os dezaoito anos de idade e non exceder a idade de xubilación forzosa.
c) Posuír a capacidade funcional para o desenvolvemento das tarefas habituais da praza á que se aspira.
d) Non ter sido separado/a, mediante expediente disciplinario, do servizo de ningunha administración pública, nin atoparse inhabilitado/a por sentenza firme para o exercicio de funcións públicas. Idéntico requisito seralles esixido aos/ás nacionais dos demais estados membros da Unión Europea no seu caso.
e) Non estar incurso en causas de incompatibilidade de conformidade co establecido na lei 53/1984, do 26 de decembro, de incompatibilidades do persoal ó servizo das administracións públicas.
f) Serán requisitos específicos desta convocatoria:
1. Estar en posesión da titulación mínima de Formación Profesional de Grao Superior.
2. Ter coñecemento da lingua galega que se acreditará co Certificado Celga 4, ou equivalente debidamente homologado polo órgano competente en materia de política lingüística da Xunta de Galicia, así como con títulos expedidos pola Escola Oficial de Idiomas.
-Tipo e duración do contrato.- O contrato laboral será de obra o servizo de duración determinada a xornada completa e ata o día 31 de decembro de 2017.
–Presentación de instancias e admisión de aspirantes.- As solicitudes para participar no proceso selectivo dirixiranse ó Sr. Alcalde do Concello de Fisterra e presentaranse no Rexistro Xeral do concello no prazo de cinco días hábiles (5) contados a partir do día seguinte o da publicación destas bases no Boletín Oficial da Provincia. (BOP nº59 de 28 de marzo)
Toda a información relativa a este procedemento pódese consultar na seguinte ligazón: