Portal cidadán

Concello de Fisterra

"Fin da terra, fin do camiño"


Novas


PAGAMENTO ÚNICO FILL@S MENORES DE 3 ANOS

04-04-2017

A Consellería de Política Social concede unha prestación económica de pagamento único por fillas e fillos menores de tres anos para o ano 2017 (nados entre o 2/1/2014 e o 1/01/2017 incluidos)

No caso de fillas ou fillos adoptados ou acollidos entre o 31 de decembro de 2015 e o 31 de decembro de 2016, a prestación concederase durante os tres anos posteriores á data da resolución xudicial ou administrativa que declare a adopción ou o acollemento.

Requisitos:
– Que as persoas proxenitoras teñan a súa residencia habitual en Galicia.
– Que na data da solicitude os/as nenos/as convivan coa persoa solicitante.

Serán beneficiarias desta prestación aquelas persoas que non teñan feita a declaración da renda do exercicio 2015.

A prestación consistirá nun pagamento único por cada filla ou fillo menor de tres anos:
– Cando sexa a primeira filla ou fillo: 360 €.
– Cando sexa a segunda filla ou fillo: 1.200 €.
– Cando sexa a terceira ou terceiro e sucesivos: 2.400 €.

Prazo: O prazo de presentación das solicitudes estará aberto ata o 25 de maio de 2017.

Información e tramitación: No departamento municipal de Servizos Sociais (Educación Familiar) en horario de 10 a 14 horas ou en https://sede.xunta.es co procedemento BS410A

DOG nº 65 do 3 de abril do 2017

Descargas

Compartir:

Novas por anos: