Portal cidadán

Concello de Fisterra

"Fin da terra, fin do camiño"


Novas


CERTIFICADOS DE LINGUA GALEGA

11-04-2017

A Secretaría Xeral de Política Lingüística, convoca as probas para a obtención dos certificados de lingua galega, niveis Celga 1, 2, 3 e 4, para o ano 2017.

Persoas destinatarias: As persoas maiores de 16 anos, ou que os fagan antes de finais do ano 2017, nacionais ou estranxeiras.

Datas de realización das probas:

  • Celga 4: 10 de xuño de 2017.
  • Celga 2: 11 de xuño de 2017.
  • Celga 3: 17 de xuño de 2017.
  • Celga 1: 18 de xuño de 2017.

Lugares: As probas realizaranse en Santiago de Compostela e en Ponferrada.

Información: Departamento de Normalización Lingüística do Concello de Fisterra.

DOG, Martes 4 de abril de 2017

 

Compartir:

Novas por anos: