AXENTE TIC
25-04-2017
Rematada a exposición ó público, o Concello de Fisterra publica a lista definitiva dos aspirantes admitidos e excluídos para a contratación laboral temporal dun Axente TIC con destino ó Centro para a Modernización e Inclusión Tecnolóxica.
As datas para a valoración de méritos e o exercicio escrito serán:
- Valoración de méritos (Fase de concurso): 3 de maio, ás 10:00h
- Exercicio escrito (Fase Oposición): 3 de maio, ás 11:30
Os aspirantes deberán vir provistos do Documento Nacional de Identidade.
A lista definitiva, o tribunal que efectuará a valoración, e a data sinalada para a fase de concurso e oposición, pódese consultar no taboleiro de anuncios da Casa do Concello e na descarga que acompaña esta publicación.