DESCUBERTA DE BIODIVERSIDADE NAS MICRORRESERVAS DE FISTERRA
02-05-2017
O Concello de Fisterra continúa coa segunda fase, o abeiro da axuda recibida da Dirección Xeral de Conservación da Natureza, cofinanciada co FEADER, no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) 2014-2020, centrada na creación dunha rede de microreservas de flora, como mecanismo para a conservación de hábitats prioritarios ou de interese comunitario, fomentando a participación activa da poboación local.
As Microreservas de Flora propostas polo Concello de Fisterra, pretenden ser un modelo pioneiro de actuacións que sirva de referencia para futuros proxectos no ámbito litoral da Rede Natura 2000 na Galicia costeira. As actuacións están dirixidas de forma preferente a preservar hábitats prioritarios ou de interese comunitario e contempla várias liñas de actuación.
Esta segunda fase desenvolverase o 7 de maio de 2017 onde está programada unha nova actividade “Descuberta de Biodiversidade” (Bioblitz), encamiñada á mellorar o coñecemento dos tipos de hábitats e especies presentes nas zonas de especial conservación do litoral de Fisterra. Esta actividade estará guiada por botánicos expertos en especies ameazadas e naturalistas expertos en aves e libeliñas. Ten como obxectivo fundamental divulgar os valores naturais deste espazo entre a cidadanía.
A actividade é gratuíta.
Inscricións: Se estás interesado/a en participar, haberá que anotarse nos teléfonos 650 261 283 / 981 57 00 ou por correo electrónico en viqui@adega.gal