LETRAS GALEGAS 2017
05-05-2017
O Concello de Fisterra organiza as seguintes actividades para celebrar as Letras Galegas 2017:
- Do 5 ao 22 de maio: Exposición do X premio da banda deseñada Castelao. "A Carretera do Diaño" de Fernando Morente. De luns a venres, de 16:30 a 19:00h na lonxa de Fisterra.
- Do 15 ao 31 de maio: Exposición da vida e obra de Carlos Casares. Na Aula CeMIT de Fisterra.
- Mércores, 17 de maio: "Cocorocó" de Raquel Queizás. Espectáculo de contos baseado na obra A Galiña Azul de Carlos Casares. Ás 12:00h no salón de actos do Concello de Fisterra. Destinado a público maior de 5 anos.
- Domingo, 21 de maio: "O Ritmo no Camiño". Tropa de trapo, teatro familiar. Ás 7 da tarde no salón de actos do Concello de Fisterra.