Portal cidadán

Concello de Fisterra

"Fin da terra, fin do camiño"


Novas


ANDAINA CORCUBIÓN-FISTERRA

16-05-2017

O sábado, 20 de maio, o Concello de Corcubión e o Concello de Fisterra organizan conxuntamente unha andaina dentro do programa de Andainas Coñece a Costa da Morte 2017.

Esta andaina irá de faro a faro polo Camiño de Santiago

  • Lugar de saída: Faro C (os buses e coches aparcarán no Novo Cubeleiro)
  • Hora de saída: 10:00 horas 
  • Hora de presentación no lugar de saída: 09:45 horas
  • Ruta lineal de 16 km e de dificuldade baixa-moderada. O tempo previsto para completar o percorrido é dunhas 4 horas aprox.
  • Hora prevista de chegada: 14:00 horas
  • Recomendacións: calzado e roupa adecuada, así como bebida e comida para o avituaiamento. O percorrido non pasa por ríos nin zonas de auga e parte do camiño é sobre cemento ou asfalto.

Buses:
Os buses chegarán o Novo Cubeleiro ás 09:45 horas para deixar ós sendeiristas e terán que recollelos sobre as 14:00 na esplanada do Faro Fisterra.

Track da ruta (suxeita a modificacións de última hora): https://gl.wikiloc.com/wikiloc/view.do?id=17700921

Información: Departamento de Deportes do Concello de Fisterra no tlf.:981740001 de 10:00 a 13:00h

Aviso: As persoas interesadas en participar poden inscribirse ata o xoves, 18 de maio, ás 14:00h.

Descargas

Compartir:

Novas por anos: