ELIMINACIÓN DE ESPECIES EXÓTICAS INVASORAS
16-05-2017
O Concello de Fisterra recibiu unha axuda da Dirección Xeral de Conservación da Natureza, cofinanciada co FEADER, no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) 2014-2020, centrada na creación dunha rede de microreservas de flora, como mecanismo para a conservación de hábitats prioritarios ou de interese comunitario, fomentando a participación activa da poboación local.
A iniciativa desenvolvese entre decembro de 2016 e xuño de 2017. O 15 de maio de 2017 programouse unha actividade no centro de ensino secundario IES Fin do Camiño, onde o alumnado de 2º da ESO, colaborarará na reintrodución da especie ameazada, recollida no CGEA como “Alyssum loiseleurii”, na Microrreserva de Mar de Fora. A especie estaba presente en Mar de Fora até hai poucas décadas, de onde se presume que desapareceu polo seu carácter vulnerable a intensificación turística do medio.
O domingo 21 de maio, continuaranse coas labores de erradicación de flora exótica invasora presente tanto no Rostro como en mar de Fóra.
A actividade é gratuíta.
Información e inscrición: Nos teléfonos 650 261 283 / 981 57 00 ou por correo electrónico en viqui@adega.gal