OFERTA EMPREGO TEMPORAL: TÉCNICOS DE INFORMACIÓN TURÍSTICA
19-05-2017
O Concello de Fisterra convoca catro prazas de Técnicos de Información Turística a tempo completo mediante contrato laboral de duración determinada en base as seguintes subvencións:
-Subvención outorgada por parte da Axencia de Turismo de Galicia.- Dúas prazas, dende o día 15 de xuño ao 15 de setembro de 2017.
-Subvención outorgada por parte da Excma. Deputación Provincial da Coruña.-Dúas prazas, durante 4 meses.
As bases das convocatorias poden consultarse nesta mesma páxina web e no Taboleiro de anuncios do Concello.
As persoas interesadas poderán presentar no Rexistro Xeral de Entrada desta Corporación a documentación sinalada nas mesmas dentro do prazo de cinco días naturais (5) contados a partir do seguinte ó da publicación desde anuncio que foi o 19 de maio de 2017.