Portal cidadán

Concello de Fisterra

"Fin da terra, fin do camiño"


Novas


ADMITID@S E EXCLUID@S TÉCNICOS DE INFORMACIÓN TURÍSTICA

05-06-2017

Rematado o prazo e non téndose presentado alegación algunha contra a Lista provisional de Admitidos/as e Excluídos/as para optar á contratación de persoal con destino ás Oficinas de Turismo en base as subvencións outorgadas por parte da Axencia da Dirección de Turismo de Galicia e a Exma. Deputación Provincial da Coruña, o Concello de Fisterra publica as listas definitivas das persoas admitidas e excluídas. Ditas listas pódense consultar nas descargas que acompañan esta publicación.

A data e hora fixada para a valoración de méritos e entrevista persoal dos/as aspitrantes é a seguinte:

1. Técnicos de Información Turística subvención Exma. Deputación Provincial

 -Valoración de méritos: xoves, 8 de xuño de 2017 ás 10:30h.

-Entrevista persoal: xoves, 8 de xuño de 2017, ás 12:00h.

 2. Técnicos de Información Turística subvención Axencia da Dirección de Turismo de Galicia:

-Valoración de méritos: xoves, 8 de xuño de 2017 ás 16:00h.

-Entrevista persoal: xoves, 8 de xuño de 2017, ás 17:30h.

Descargas

Compartir:

Novas por anos: