Portal cidadán

Concello de Fisterra

"Fin da terra, fin do camiño"


Novas


VERÁN TECNOLÓXICO

16-06-2017

O Concello de Fisterra organiza unha serie de talleres de Informática e Robótica para rapaces e rapazas de 4 a 17 anos nos meses de xullo e agosto.

Talleres de Informática: Nenos e nenas de 4(nados no 2013) a 13 anos.

  • 1º grupo: Do 3 ao 14 de xullo
  • 2º grupo: Do 17 ao 28 de xullo
  • 3º grupo: Do 7 ao 18 de agosto

En cada grupo haberá tres turnos en horario de mañán (10:00-11:00)-(11:00-12:00)-(12:00-13:00)

Lugar: Aula de Informática Municipal

Taller de Robótica: Rapaces e rapazas de 14 (nados no 2003) a 17 anos, empadroados no Concello de Fisterra, do 21 ao 25 de agosto.

Lugar: Sala de usos múltiples situada na planta baixa do Concello.

Os participante no taller de robótica deberán traer o seu propio ordenador portátil.

Inscrición e Información: Do 21 ao 28 de xuño de 9:30 a 14:00h na Aula de Informática Municipal de Fisterra ou no tlf.:981740191.

Cada persoa pode anotar un máximo de 2 participantes nos talleres.

Compartir:

Novas por anos: