Portal cidadán

Concello de Fisterra

"Fin da terra, fin do camiño"


Novas


PLAN XERAL DE ORDENACIÓN MUNICIPAL DE FISTERRA

18-01-2008

Aprobado inicialmente polo Pleno da Corporación en sesión do día 31 de decembro de 2007 o Plan Xeral de Ordenación Municipal de Fisterra e unha vez publicado no Diario Oficial de Galicia, nº 8 de 11 de xaneiro Anuncio sobre exposición ó público por un período de dous meses a contar dende o día seguinte ó da súa publicación , ponse en coñecemento de tódolos veciños e persoas afectadas polo citado Plan, que a efectos de consulta e alegacións, atópase exposto no Salón de Actos do Concello co seguinte horario:

-De luns a venres de 10:00 a 14:00 e de 15:30 a 18:00

Asimismo os martes e xoves dentro do mesmo horario terán a súa disposición para calquera dúbida ou aclaración sobre o Plan Xeral, un Técnico da Empresa Eptisa, redactora do Plan.
Compartir:

Novas por anos: