I ENTROIDO DE VERÁN
04-07-2017
A.C.D. Rapacollón´s de Fisterra organiza o I Entroido de Verán que se celebrará o vindeiro sábado, 8 de xullo coa seguinte programación:
- 12:00h.-Pasarrúas a cargo das charangas "Rapases da Posa Choca" e "Rapacollón´s Big Band"
- 17:30h.-Saída dos equipos participantes na "1ª Competisión da Ribeira". Irán acompañados das charangas "O Santiaguiño" e "Os rapases da Posa Choca"
- 18:00h.-Chegada a praia da Ribeira dos equipos "Cabo da Vila" e "Cabo da Xesta" e comezo da "1ª Competisión da Ribeira"
- 19:00h.-Inicio do desfile e Concurso de disfraces (Bases do concurso no facebook de Rapacollón´s Big Band)
- 20:00h.-Exhibición de bailes
- 21:00h.-Entrega de premios da "1ª Competisión da Ribeira" e do "Concurso de Disfraces"
- 22:00h.-Actuacións de Xilo e CDC
- 4:00h.-Fin da Festa