FESTAS PATRONAIS E DO CARME
25-08-2017
A Xunta de Confrarías da Semana Santa de Fisterra organiza para os días 8, 9 e 10 de setembro a celebración das festas Patronais e do Carme de Fisterra. Os actos previstos son os seguintes:
-Venres, 8 de setembro: Día de Santa María das Areas
- Pola mañá pasarrúas e alboradas co grupo de gaitas "Peta Forte"
- Ás 11:00h, procesión polas rúas da vila acompañada pola "banda municipal de Cee"
- Ao chegar o adro da igrexa, ofrenda á Patroa co "Danza dos Paus". A continuación misa solemne na Igrexa Parroquial.
- Sesión vermú coa orquestra "Caramelo"
- Ás 16:00h na praza da Constitución xogos para os máis cativos, gran festival infantil
- A noite, actuación das orquestras "Caramelo" e "Royal espectáculo"
-Sábado, 9 de setembro: Día da Nosa Sra. do Carme.
- Ás 10:30h, procesión polas rúas da vila acompañada pola "banda municipal de Negreira".
- A continuación misa solemne na lonxa de Fisterra, onde ó rematar terá lugar a tradicional procesión marítima, e ofrenda polos homes que morreron no mar. "Salve Mariñeira" e "Gran Traca"
- Sesión vermú coa orquestra "Metrópolis"
- Ás 17:00h, pasarrúas do "grupo de gaitas Brasas"
- Ás19:00h, na praza da Constitución, concerto do "grupo Ascuas"(música tradicional dos 80)
- Ao chegar a noite, contaremos coa actuación das orquestras "Metrópolis" e "Ciclón". E para rematar a festa "Discoteca móvil CDC"
-Sábado, 10 de setembro: Día na honra de San Roque.
- Ás 11:00h. procesión polas rúas da vila acompañada pola "Banda Desiderio Paz de Fisterra".
- A continuación misa solemne na igrexa Parroquial Santa María das Areas.
- Sesión vermú coa orquestra "Atenas"
- Ás 18:00h, na praza da Constitución, para todas as idades, III Campionato Internacional de futbolín Alexandre Fisterra
- Ao chegar a noite contaremos coa actuación das orquestra "Atenas"