CURSO DE MÚSICA 2017/2018
29-09-2017

A Concellería de Cultura do Concello de Fisterra saca o anuncio ao público do Curso de Música 2017/2018.
O prazo para anotarse é a partir do 25 de setembro.
Impartiranse clases de iniciación nas especialidades de: frauta, frauta traveseira, gaita, tambor, tamboril, saxo e linguaxe musical.
DESTINATARIOS: Nenos e nenas maiores de 6 anos e adultos e impartirase o venres pola tarde.
INFORMACIÓN E INSCRICIÓN: Na Concellería de Cultura do Concello de Fisterra en horario de 9:30 a 15:00h, ou no tlf.:981740001 ext. 1, antes do 6 de outubro.
Aviso: A reunión realizarase o venres, 6 de outubro, ás 17:30h na Aula de Música no CeMIT de Fisterra (rúa da Cerca).