Portal cidadán

Concello de Fisterra

"Fin da terra, fin do camiño"


Novas


SEMANA SANTA-FISTERRA

25-02-2008

Os actos relixiosos previstos para a celebración das festas do Santo Cristo de Fisterra son as seguintes:

-NOVENA O SANTO CRISTO E VIRXE DAS DOLORES.
Dende o xoves 13 de marzo celebrarase a NOVENA O SANTÍSIMO CRISTO de Fisterra e a Virxe das Dolores.

-VENRES DE DOLORES (14 de Marzo).
Destaca nesta xornada a Procesión da Virxe das Dolores que percorre as rúas da vila arroupada polo recollemento dos devotos que a acompañan nunha das procesións máis expresivas da Semana Santa fisterrá.
Procesión da SOLEDAD, despois da Misa e a Novena. Acompañará a procesión a Banda Eduardo Pondal de Ponteceso.

-DOMINGO DE RAMOS (15 de Marzo)
Ás 11:15h. da mañán, bendición dos Ramos na Capela do Bo Suceso, seguida da procesión ata a Igrexia Parroquial de Santa María das Areas, onde se oficiará a SANTA MISA.

-XOVES SANTO (20 de Marzo)
Ás 19:00h. na igrexa de Santa María das Areas, representación da ÚLTIMA CEA e LAVATORIO DE PES.
A continuación, no recinto do atrio, ORACIÓN DEL HUERTO, a que lle segue a procesión acompañada no seu percorrido pola Banda Airiños de Corbeiro.

-VENRES SANTO (21 de Marzo)
Ás 11:30h terá o su inicio, na praza de Santa Catalina o VÍA CRUCIS e na Praza da Constitución o solemne acto do SANTO ENCONTRO seguindo ata a Igrexa de Santa María das Areas. Acompañará a procesión a Banda Eduardo Pondal de Ponteceso.
Ás 20:00h., na Igrexa Parroquial celebrarase a liturxia do día, e a continuación o emotivo Acto do DESENCLAVO, que culminará coa procesión do Santo Enterro que precorrerá as rúas da vila ata a madrugada. Participarán a Banda Santa Cruz de Rivadulla, Banda Eduardo Pontal de Ponteceso e Desiderio Paz de Fisterra.

-SÁBADO SANTO (22 de Marzo)
Vixilia Pascual, ás 20:00h. na Igrexa Parroquial.

-DOMINGO DE RESURRECIÓN (23 de Marzo). DÍA DO CRISTO
E o día da Festa Grande en Fisterra. Miles de romeiros acercanse a venerar o Cristo da Barba Dourada e a ofrecer os seus exvotos. Ás 12:00h. representación da RESURRECIÓN DO SEÑOR, como se ven facendo dende tempos inmemorables, polo que foi DECLARADA DE INTERÉSE TURÍSTICO NACIONAL
Escenificación con personaxes viventes do que puido ser un antiquísimo auto sacramental que narra en verso a chegada das desconsoladas mulleres o sepulcro e do seu encontro co ánxel que lles anuncia a Resurreción do Señor, en forma de proclama o mundo enteiro co tradicional ¡ALELUYA!.
Desencadease entón o xúbilo dos asistentes enlazado co repique das campás, tracas de fogos de artificio, solta de palomas, levantamento de bandeira e música de bandas. Acompañará os actos a Banda de Música de Vilatuxe (Lalín).
Misas ás 8:00, 9:00 y 10:00h.

LUNS, 24 DE MARZO: Misa solemne polos devotos do Santo Cristo
Compartir:

Novas por anos: