EN NEGRO CONTRA AS VIOLENCIAS
10-11-2017
O Concello de Fisterra pon en marcha a campaña de sensibilización, "En Negro contra as violencias" coa finalidade de promover e facer visible o rexeitamento da poboación fisterrá ante calquera tipo de violencia machista.
Fisterra súmase a esta iniciativa xunto con outros 76 concellos de Galicia.
A acción consiste en tinguir de negro o noso contorno a través dos escaparates, os manequís, a roupa de traballo; vestir de loito en sinal de dor... durante a semana do 23 ó 26 de novembro
Dirixida a:
- Os establecementos comerciais e axentes sociais do municipio que queiran colaborar poden dirixirse ás oficinas de servizos sociais onde se proporcionará información e material adecuado o establecemento.
- Calquera fisterrán/á pode formar parte da iniciativa de varias maneiras: empregando calquera roupa, ornamentación,...en negro e facendoa visible ou achegando ideas.
Información: Na páxina web: http://ennegrocontraasviolencias.gal/ , no departamento de Servizos Sociais do Concello de Fisterra ou no tlf: 981740001