Portal cidadán

Concello de Fisterra

"Fin da terra, fin do camiño"


Novas


ACTIVIDADES AULA CEMIT FISTERRA

22-11-2017

A Aula CeMIT de Fisterra organiza as seguintes actividades nas vindeiras semanas:

-CURSO DE CREACIÓN DE CALENDARIOS PERSONALIZADOS. Do 27 ó 30 de novembro de 10:30 a 12:00h. Desta forma, ademais de beneficiarse os/as usuarios/as do concello de Fisterra, están a formarse ao mesmo tempo as aulas de Betanzos, Celanova, Cuntis, e Ortigueira.

Dita actividade forma parte dun proxecto chamado “Banco de Tempo”, unha plataforma formada por varias aulas CeMIT de Galicia, na cal se poñen en común actividades de diversas temáticas (informática, idiomas, educación...), de forma que ao impartir esa actividade na aula en cuestión, se difunde a través de videoconferencia para as aulas que desexen participar na mesma.
Deste xeito unha actividade chega ao mesmo tempo a persoas de distintas aulas CeMIT e persoas de distintas aulas poden interactuar entre sí.

-CHARLA SOBRE A FACTURA DA LUZ. Luns, 4 de decembro de 11:00 a 12:00h. Aprende a comprender a túa factura e as medidas para aforrar no gasto eléctrico.

 

INFORMACIÓN E INSCRICIÓNS: Aula CeMIT Fisterra no tlf.: 673 081 740

Compartir:

Novas por anos: