CHARLA SOBRE TELEFONÍA MÓBIL
19-01-2018

O luns, 22 de xaneiro de 11:00 a 12:30h o Instituto Galego de Consumo ofrecerá unha charla sobre telefonía móbil que se poderá seguir por videoconferencia na Aula CeMIT de Fisterra.
Contidos:
- Os dereitos como consumidores de telefonía móbil
- Contratacións, tarifas, permanencia, portabilidade
- Irregularidades na facturación e prestación de servizos
- Incumprimentos do contrato (roaming, SMS premium, subscricións non solicitadas, modificacións cotratuais)
- Análise das principais contratacións
Información e inscricións: Na Aula CeMIT de Fisterra ou no tlf.:673 081 740