Portal cidadán

Concello de Fisterra

"Fin da terra, fin do camiño"


Novas


IV EDICIÓN PREMIO LITERARIO NORTEAR

01-02-2018

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria xunto coa Dirección Rexional de Cultura do Norte de Portugal e a Agrupación Europea de Cooperación Territorial Galicia- Norte de Portugal, no marco do Programa Europeo POCTEP, desenvolven  o Programa Nortearque, entre outras actuacións, contempla a IV edición do premio literario Nortear para novos/as escritores e escritoras de Galicia e do Norte de Portugal.

Requisitos

-Participantes: Persoas nacidos e/ou empadroados na Rexión Norte de Portugal ou en Galicia, con idades comprendidas entre os 16 e os 36 anos.

-Obra: O premio literario versará sobre o xénero de relato curto

-Premio: 

  • Dotación económica de 2.000,00€
  • Publicación dun mínimo de 500 exemplares da obra, en edición bilingüe, portugués e galego.
  • Divulgación da obra

-Prazo: Ata o día 30 de abril de 2018

-Lugar: As obras participantes deben ser enviadas, por correo postal, a:

Agrupación Europea de Cooperación Territorial Galicia-Norte de Portugal

Edificio CETMAR, Rúa Eduardo Cabello, s/n 36208 Bouzas-Vigo

Máis información:

-Páxina web da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria: www.edu.xunta.gal/portal/

-Páxina web da Secretaría Xeral de Cultura: www.cultura.gal

Descargas

Compartir:

Novas por anos: