PAGAMENTO ÚNICO FILL@S MENORES DE 3 ANOS
01-02-2018

A Consellería de Política Social concede unha prestación económica de pagamento único por fillas e fillos menores de tres anos para o ano 2018 (nados entre o 2/1/2015 e o 1/01/2018 incluídos)
Serán beneficiarias desta prestación aquelas persoas que durante o ano 2016, nin elas nin ningunha das persoas que compoñen a unidade familiar estivesen obrigadas a presentar a declaración polo IRPF correspondente a este período, nin a presentase de xeito voluntario aínda sen estaren obrigados a iso.
A prestación consistirá nun pagamento único por cada filla ou fillo menor de tres anos:
– Cando sexa a primeira filla ou fillo: 360 €.
– Cando sexa a segunda filla ou fillo: 1.200 €.
– Cando sexa a terceira ou terceiro e sucesivos: 2.400 €.
Prazo: O prazo de presentación das solicitudes estará aberto ata o 21 de marzo de 2017.
Información e tramitación: No departamento municipal de Servizos Sociais (Educación Familiar) en horario de 10 a 14 horas ou en https://sede.xunta.es co procedemento BS410A