Portal cidadán

Concello de Fisterra

"Fin da terra, fin do camiño"


Novas


REHABILITACIÓN DE VIVENDAS NOS CAMIÑOS DE SANTIAGO

02-02-2018

A Consellería de Infraestructuras e Vivenda mediante a Resolución do 27 de decembro de 2017 convoca para o ano 2018 as subvencións para actuacións de rehabilitación de edificios e vivendas no ámbito da área de rehabilitación integral dos Camiños de Santiago do Programa de rexeneración e renovación urbanas da prórroga do Plan estatal de fomento do alugamento de vivendas, a rehabilitación edificatoria e a rexeneración e renovación urbanas 2013-2016. (DOG 24/01/2018)

Ámbito da ARI

A delimitación da ARI comprende o trazado das setes rutas do Camiño en Galicia:

  • Francés. Dende Pedrafita do Cebreiro ata Santiago de Compostela
  • Da Prata: Dende A Mezquita ou Verín ata Santiago de Compostela
  • Inglés. Dende Ferrol ou A Coruña, xuntándose en Mesía ata Santiago de Compostela
  • Primitivo. Dende A Fonsagrada ata Melide que conecta co Camiño Francés
  • Norte. Dende Ribadeo ata Arzúa que conecta co Camiño Francés
  • Fisterra- Muxía. Dende Santiago de Compostela ata Fisterra con desvío Muxía
  • Portugués. Dende Tui a Santiago de Compostela

Persoas beneficiarias:

  • Persoas propietarias únicas de edificios ou de vivendas.
  • Comunidades de propietarios/as de vivendas
  • Agrupacións de comunidades de propietarios/as de vivendas

Sempre que: non incorran nas prohibicións para ser beneficiario dunha subvención establecidas do artigo 10 da Lei 9/2007, de subvencións de Galicia. 

Contía das axudas:
A axuda do Plan estatal 2013-2016 terá un importe máximo de 11.000 euros por cada vivenda obxecto de rehabilitación, sen que poida exceder do 35% do custo subvencionable, reflectido na cualificación definitiva.
A axuda autonómicas terá un importe máximo de 4.000 euros por cada vivenda obxecto de rehabilitación, sen que en ningún caso poida exceder do 10% do custo subvencionable da actuación reflectida na cualificación definitiva.
Ambas axudas son acumulables, polo que o total pode chegar aos 15.000 euros por vivenda.

Máis información:

Web: https://ari-igvs.xunta.gal

A CORUÑA 981 294 872 / 981 151 464
aricscoruna@xesturgalicia.com
LUGO 982 889 264 / 982 889 260
aricslugo@xesturgalicia.com
OURENSE 988 788 683
aricsourense@xesturgalicia.com
VIGO / PONTEVEDRA 986 266 477
aricspontevedra@xesturgalicia.com

Descargas

Compartir:

Novas por anos: