BORRADOR ORDENANZA REGULADORA ACCESO RESTRINXIDO DE VEHÍCULOS ÁS ZONAS PEONÍS
07-02-2018

O Concello de Fisterra está a elaborar a ordenanza reguladora do acceso restrinxido de vehículos ás zonas peonís e publica o borrador da mesma para que toda a veciñanza participe dando as súas suxerencias. As vías polas cales se poden remitir son as seguintes:
-No correo electrónico info@concellofisterra.com
-Presentando unha instancia por escrito nas oficinas municipais de 9:00 a 14:00h
O borrador da ordenanza estará exposto ó público durante todo o mes de febreiro, periodo durante o cal se recollerán todas as suxerencias.