MENOS RESIDUOS=MÁIS RECURSOS
16-02-2018
A Sociedade Galega de Medio Ambiente (SOGAMA) pon en marcha a campaña "Menos residuos, máis recursos" onde mostra un decálogo con dez consellos básicos para previr e reducir a xeración de refugallos como primeira medida para a xestión sostible dos mesmos.
Decálogo 10 consellos básicos:
1.-Compra con cabeza
2.-Dá preferencia aos productos locais e de tempada
3.-O usar e tirar tense que acabar
4.-Recupera o carro da compra de toda a vida ou leva a túa propia bolsa ó supermercado
5.-Prioriza a adquisición de produtos a granel e foxe do envase e embalaxe excesiva
6.-Modérate a hora de imprimir
7.-Coa comida non se xoga
8.-Máis vida para a roupa que non usas
9.-Ponte as pilas
10.-Separa os teus residuos
O MELLOR RESIDUO É O QUE NON SE PRODUCE
Máis información en: http://www.sogama.gal