DÍA DE ROSALÍA 2018
19-02-2018

Con motivo do 181 aniversario do nacemento de Rosalía de Castro, o Concello de Fisterra conmemora este día coa proxección do documental sobre a mestra Antía Cal, creadora da Escola Rosalía de Castro, un referente na renovación pedagóxica, o vindeiro sábado 24 de febreiro ás 20:00h no Salón de Actos.
A continuación convidamos a toda a veciñanza a participar nun recital poético onde lembraremos a Rosalía.