Portal cidadán

Concello de Fisterra

"Fin da terra, fin do camiño"


Novas


FISTERRA INFORMA: NOVO SERVIZO MUNICIPAL

28-02-2018

O Concello de Fisterra pon a disposición da veciñanza un novo servizo municipal: “Fisterra Informa”.

A partires de agora todos os bandos, anuncios, noticias e información municipal do Concello poderá ser recibida de maneira inmediata a través do seu móbil.

Como empregar o servizo municipal?

 -Se dispón dun teléfono Android pode descargar a app de 3 maneiras:

  • En Google Play (Play Store), buscando a app como “Fisterra Informa”.
  • -A través do seguinte enderezo:

 https://play.google.com/store/apps/details?id=es.bandomovil.fisterra.informa

  • -Mediante o código QR que está na descarga do anuncio

 -Se dispón dun teléfono iOS (iPhone) pode descargar a app de 3 maneiras:

  • En App Store buscando a app como “bandomovil”.
  • -A través do seguinte enderezo:

 https://itunes.apple.com/us/app/bandomovil/id1049832681?l=es

  • -Mediante o código QR que está na descarga do anuncio.

Os veciños que non dispoñan de terminais compatibles, como por exemplo os que usen Blackberry ou Windows Phone, poden consultar toda a información municipal que o concello publique desde as seguintes páxinas web:

www.concellofisterra.com

www.bandomovil.com/fisterra

 

Descargas

Compartir:

Novas por anos: