Portal cidadán

Concello de Fisterra

"Fin da terra, fin do camiño"


Novas


CUMPRIMENTO DO HORARIO DE TERRAZAS

02-03-2018

Mediante este bando, o Concello de Fisterra, independentemente doutras actuacións legais que sexan oportunas no caso de resultar necesarias, avisa aos establecementos hoteleiros, hostaleiros ou comerciais existentes dentro do temo municipal, que no conferinte ao uso de espazos públicos de terrazas debe cumprirse a Ordenanza Municipal reguladora das mesmas.

En virtude do artigo 6, os horarios do seu funcionamento son:

  • Meses de maio, xuño, xullo, agosto e setembro: Ata a 1:00h
  • Resto do ano entre semana (de domingo a xoves): Ata as 23:30h
  • Resto do ano en fin de semana (venres e sábado): Ata as 00:30h

Estos horarios poden prorrogarse en época de festas.

Segundo o réxime de sancións da ordenanza municipal as faltas leves sancionaranse cunha multa de ata 400,00€ e as graves cunha multa de ata 1.000,00€

Descargas

Compartir:

Novas por anos: