Portal cidadán

Concello de Fisterra

"Fin da terra, fin do camiño"


Novas


SEMANA SANTA FISTERRA 2018

08-03-2018

O venres 23 demarzo, comeza a Semana Santa de Fisterra coa procesión da nosa Señora das Dolores.

Ás 20:00 h. na igrexa parroquial terá lugar a misa solemne cantada polo coro "Nosa Sra. das Areas". A continuación farase a procesión que percorrerá as rúas de Fisterra, acompañada pola "Banda Municipal de Cee".

O sábado, 24 de marzo, farase unha peregrinación dende a Igrexa de Cee ata a igrexa parroquial de Santa María das Areas de Fisterra.

Nas seguintes descargas pódese ver unha recopilación das actividades previstas para celebrar a Semana Santa de Fisterra organizadas pola Xunta de Confrarías da Semana Santa coa colaboración do Concello de Fisterra.

Vive a Semana Santa en Fisterra!!

Descargas

Compartir:

Novas por anos: